martes, 19 de maio de 2020

Actividade de carreira para adultos que soen facer deporte.


Como xa podemos sair un ratiño a camiñar e correr o que vos  propoño é que saíades ven motivados, poñades os cascos con este audio que vos deixo,  vamos a traballar os cambios de ritmo.

Primeiro antes de empezar co audio que acompaña a esta entrada realizar 10 minutos de quecemento e despois realizalo.

Son catro series, entre cada serie vades descansar 3 minutos sempre descanso activo, é dicir, camiñando.

Un pitido: camiñando.
Dous pitidos: trote suave.
Tres pitidos: trote rápido.
Catro pitidos: sprint.

O sitio que elixades para correr ou camiñar mellor que sexa sin costas e que vos sexa cómodo para poder realizar a actividade completa.






Ningún comentario:

Publicar un comentario