luns, 18 de maio de 2020

Actividade Física para Adultos. Como organizar un adestramento.

Bo Luns. Nesta entrada do blog vouvos explicar como organizar unha sesión de adestramento. Ceñíremonos a dous principios básicos: o obxectivo do adestramento e o noso estado de forma ou nivel de fitness.

O primeiro que temos que ter en conta antes de empezar a adestrar e ter o equipo adecuado para realizalo, tanto en material necesario como no noso atuendo. Debemos levar roupa cómoda e calzado apropiado. E tan importante como o anterior é sempre ter a man auga para nos hidratar durante a sesión.

A primeira parte do adestramento é o quecemento. Debe ser suave e gradual. Ten que ser global, tentando movilizar a maior parte posible do corpo, e pouco a pouco ir centrándose na musculatura e articulacións que posteriormente imos traballar. Aquí vos mostro unha maneira divertida de facelo.


Despois de elevar a nosa temperatura corporal, e ter realizado movilidad articular faremos no adestramento unha parte de forza. No seguinte vídeo móstrovos unha rutina Full Body (na que traballamos todo o corpo a través de exercicios de forza globais), pero tamén podemos dividir o traballo de forza por grupos musculares ao longo da semana.


Imos agora coa parte central do adestramento. Un traballo que debe ser intenso e combinar traballo aeróbico con outro tipo de exercicios. Tratamos de elevar o ritmo cardiaco e traballar de forma intensa. Sempre tendo en conta o noso nivel de fitness. No seguinte vídeo propóñovos un HIIT. 


Sempre hai que facer algo de traballo de Core. Estimular a muscular central, estabilizadora e sostén de todo o corpo. Unha rutina moi chula da miña compañeira Lorena Lago.


E por último temos  que baixar pulsacións. Facer que o corpo recupere pouco a pouco as pulsacións de reposo e estirar a musculatura para evitar lesións. Esta rutina está indicada para adultos maiores pero podemos adaptalo a calquer idade.


E con isto rematamos. Un adestramento completo e efectivo, no que traballamos tódolos grupos musculares en diferentes intensidades. E como o de hoxe podemos organizar tódolos adestramentos diarios. A darlle duro!!

Paco Villanueva

Ningún comentario:

Publicar un comentario