luns, 20 de abril de 2020

Xogos Olímpicos de Salón


Xa  son varias as semáns que levamos sen sair da casa e para que se faga máis soportable o cofinamento, deixovos unha serie de exercicios para facer algo de actividade física. Están pensados para nen@s ou para facer en familia se algún papi ou mami se anima.

Primeiro de todo lembraros que os exercicios que vos propoño, sempre se poden adaptar dependendo do espazo que teñamos ou de cántos estemos na casa. E moi importante que a zona onde fagamos o traballo, esté despexada de obxetos para evitar golpes ou lesións. Os servicios médicos teñen traballo máis importante nestes intres.

Comezaremos facendo 2 equipos.


  • Carreira de Carretillas: Por parellas, un tumbado en posición de prancha co compañeiro agarrandoo polos nocellos e apoiando so as mans no chan, faremos o percorrido. Recomendovos que o fagádes collendo tempos, primeiro unha parella e logo a outra. Así evitaremos posibles empurrons e facernos dano. Se sodes poucos e non podedes facer parellas, faremolo apoiando os pés nun pano para que resbalen e simular así o mesmo movemento de carretilla.
  • Loita de Sumo: Marcaremos un círculo no chan cunha corda ou similar. Un de cada equipo colocarase no interior en cuclillas e gañará o que consiga sacar o contrario do círculo.
  • Carreira de Cangrexos: Boca arriba, apoiándonos no chan só coas mans e os pés (pés por diante), faremos o mesmo percorrido de primeiro exercicio.
  • Combate Pirata: Faremos una marca no chan, colocanse un de cada equipo un frente o outro, dándose a man e cun pé enrriba da marca. Perde o que cae antes ou mova o pé da marca.
  • Carreira de Caracois: Para este exercicio precisaremos unha toalla, que dobraremos para sentarnos nela como se ve na figura. Temos que arrastrar os pés e o culete sen axuda das mans. Nesta ocasión podemos acortar un chisco o percorrido.




                  Juan Rodríguez

Ningún comentario:

Publicar un comentario