venres, 17 de abril de 2020

Xogo da Oca






O xogo da oca é un xogo de mesa dos tradicionais que todos temos na casa para pasar un ratiño divertido en familia. Nestes días de confinamento, entendo que xa o debemos ter máis que empregado,por elo  propóñobos que utilicedes este taboleiro donde mediante exercicios sinxelos vades a facer un pouco de exercicio e pasar un rato divertido.
O que fixen foi eleborar un taboleiro para nenos con exercicios un pouco máis simples ou con menos repeticións e outro para adultos donde se atopan exercicios un pouco máis complexos ou con máis repeticións.
É unha actividade para realizar en familia, poden participar todas as persoas que se queira e únicamente precisaredes dado e fichas que teñades por casa para poder marcar as casiñas.
Fixádevos ben nos exercizos antes de comezar a xogar por si necesitades algún material, telo preparado.


Lorena Lago

Ningún comentario:

Publicar un comentario