luns, 20 de abril de 2020

Circuíto de motricidade dentro da casa para nenos e nenas

Empezamos unha nova semana. Achégome a todas as familias para darlle unhas cantas ideas acerca de como facer un pouco de actividade  física cos nenos e nenas pero dunha maneira divertida, e dentro das posibilidades  de espazo que temos, sobre todo aquelas persoas que viven nun piso.

Unha actividade que lle gusta moito os cativos é facer circuítos de motricidade pola casa, utilizando diferentes espazos e elementos que teñamos.

-              Saímos dende calquera habitación , marcamos cunha cinta adeshiva que teñades pola casa no chan unha parte do recorrido que teñen que facer,de esa forma empezarán tendo que camiñar por riba das indicacións sen saírse (os desprazamentos poden ser diversos, camiñando, a pata coxa, desprazándose lateralmente sempre, marcha atrás ), e vamos engadíndolle algúns impedimentos para que o recorrido lles teña un pouco de complicación.

-              Poñer unha mesa pequena para que teñan que subir enriba e poñerlle un coxín ou similar para que poidan saltar enriba, poñer una mesa tamén para que teñan que pasar reptando por debaixo  ou unha cadeiras son movementos que lles soen gustar moito.

-              Cando lles toque pasar por unha zona onde haxa cama ou similar brandiño pois que teñan que facer una voltereta, unha volta sobre si mesmos, algunha postura un pouca complicada na que si cae non se faga dano…

-              Na zona que teñades un pouquiño máis de espazo podedes terlle preparado calquer caixón ou cubo no que teñan q encestar os obxectos que haxa  preparados. Poden ser dende pelotas que teñades na casa, peluches, pelotas feitas con papel ou incluso que agora está moito de moda, os rolos de papel hixiénico.

-              Algo que lles  gusta moito tamén é ter que pasar por encima de obxectos, podedes poñer no chan unha zoa con os bloques que sempre teñen de construcións, ou bloque de madeira pequenos, incluso uns garavanzo, fabas, as tapas dos botes de auga, leite etc…que son duriños e non se romperán.


Despois de ter o recorrido preparado o que se pode facer é xogar a ver quen é o que máis  rápido o fai (sempre respectando todo o recorrido e facéndoo o mellor posible), quen é capaz de facelo cunha pelota na man sen que lle caia, despois de facelo varias veces intentalo facer cos ollos pechados e o pai, irmán, nai….vaille dando indicacións.

A verdade é que tedes moitas alternativas para este tipo de rutina, incluso o que podedes facer é meterlle un pouquiño de música e cando paremos a música que teñan que cambiar o tipo de desprazamento, que teñan que variar a velocidade de execución (cámara lenta, cámara rápida), que teñan que aguantar nunha posición en equilibrio e cando a música volva a poñerse que teñan que continuar o recorrido.

Se son varios irmáns o que se pode facer e que un esté de axuda por si algo lle resultado complicado o outro, que o outro saia 10 segundos máis tarde para ver si o colle antes de que chegue a un sitio determinado ou antes de que chegue o final.



A continuación déixovos un anaco dun vídeo que gravei cos meus fillos donde poderedes observar a idea da actividade que vos propoño. Sempre podedes pedirlle opinión os nenos  e nenas sobre que movementos ou actividades lles gustaría meter no circuíto para que se rentan partícipes e saia mellor.


Vídeo de neno de 4 anos.




Vídeo de neno de 9 anos.







Lorena Lago


Ningún comentario:

Publicar un comentario