Actividade divertida a que traio hoxe, necesitades unha toalla cada parella e un
balón. Un pouco de paciencia porque o principio non é fácil.
Traballaredes sobre todo a coordinación entre as parellas.
E como non podía ser de outra forma…vades rir moito.
1. Por
parellas, agárrase a toalla por extremos e cun balón enriba, impulsar a toalla
hacia arriba e intentar que o balón non se caia.
2. Por parellas,
lanzar a pelota ó aire e deixar que caia
o chan, de un bote e volver a lanzala ó aire.
3. Lanzar a
pelota contra a parede e intentar recollela
enriba da toalla sen perdela de vista.
4. Intentar
manter a pelota en movemento enriba da toalla todo o tempo modificando as
alturas.
5. Unha
persoa pasa a pelota e hai que intentar atrapala coa toalla.
6. Coa
pelota enriba da toalla hai que lograr lanzar a pelota e que entre dentro dunha canasta,portería,cubo… ou
cal-quer recipiente que teñades.
7. Desprazarse
ca pelota enriba da toalla sen que se caia. Poñer algún elemento que dificulte
o recorrido se lle é moi sinxelo.
8. Se sodes
varios na casa o que se pode facer e pasar a pelota uns os outros estando relativamente cerca, a medida que
vaia saíndo vos alexades.
Lorena Lago
Ningún comentario:
Publicar un comentario