mércores, 22 de abril de 2020

TWISTER

O Twister e un dos grandes clásicos dos xogos de mesa, dende que se inventou no ano 1966, nunca pasou de moda. Perfecto para xogar e divertirse en familia e require destreza física así como unha boa coordinación motora.

O taboleiro de xogo e unha sábana de plástico que se extende no chan, na que haberá catro ringleiras de 6 círculos, dunha cor cada unha (vermello, azul, amarelo e verde). E unha  ruleta para decidir cal será o seguinte movemento.

Para facer o taboleiro temos varias opcións, dependendo do material que podades ter na casa e das ganas que teñades. Pero se hai nen@s  na casa e perfecto para facer algo de manualidades e telos entretidos un bo anaco.

Podemos usar unha sabana vella, un saco da basura abrindoo o medio ou mesmo facelo directamente no chan. Tende en conta que o taboleiro ten que ser aproximadamente de 1´5m polos dous lados.
Para facer os círculos podemos empregar unhas cartulinas de cores ou directamente pintalas na sabana. Se non son debuxados, acordadevos de pegar ben os círculos, para que non resbalen. Sobre todo se os pegades directamente no chan.

Para a ruleta precisaremos:
1 CD que non sirva
1 tapón de plástico
1 peza de cartón ou plástico
1 palillo




Primeiro pegaremos a tapa de plástico no centro do CD,





clavamos o palillo no medio do tapón,




e recortamos unha tira de cartón cun burato nun dos extemos e no outro recortamolo en pico. O burato que xesa holgado para que de voltas sen dificultade.



E para rematar podedes imprimir está plantilla para pegar no CD ou ven decorala o voso gusto.
Xa tedes  todo listo para pasar un bo rato mentres movemos un pouco o corpo.

Saudos

Juan Rodríguez

Ningún comentario:

Publicar un comentario