xoves, 30 de abril de 2020

TENIS A UNHA MAN E BOLEIRA


TENIS A UNHA MAN
O que vos traio hoxe é unha activade moi sinxela, na que soamente tedes que colocar no chan unha cinta calquera para marcar o campo de xogo e unha pelota. A pelota pequena, tipo tenis.

Consiste en xogar o tenis pero sen raqueta, so con unha pelota que da sempre contra a palma da man.

O obxectivo é conseguir que a pelota de dous botes no campo do noso rival. Se da dous botes punto para min, se sae fora punto para o meu rival.

Gaña a persoa que consiga chegar primeiro a 15 puntos. Realizaranse 3 sets de 15 puntos cada set.




A BOLEIRA DA MIÑA CASA
Esta actividade fíxena cos meus cativos, primeiro xuntamos 10 rolos de papel de cociña, pintámolos con temperas, deixámolos secar e listo…

Xa podemos xogar os bolos, poñedes 4 na parte de atrás de todo, tres diante de estes, dous na seguinte e un bolo solo no inicio.

Para empezar a xogar simplemente necesitan unha pelota pequena que rode ben.

Hai que tirar a pelota rodando ata que tiren os bolos (poñer unha marca no chan para saber dende onde teñen que tirar). Cada xogador ten dúas tiradas. Se tira todos os bolos dunha tirada xa non tira a segunda vez.

Anótase nunha folla cantos bolos tiraron.

Agora tócalle o seguinte que realiza a mesma acción.

Son 10 turnos cada un.

O xogo finaliza cando todos os xogadores tiran as súas 10 veces.
Recóntanse os bolos tirados de cada xogador e gaña o que máis bolos tirase en total.



Lorena Lago





Ningún comentario:

Publicar un comentario