mércores, 20 de maio de 2020

ESTIRAMENTOS EN PARELLA


Hoxe traio unha serie de estiramentos para facer en parella e relaxar un pouco o corpo, con estes días tan bos que están.
Sempre aguantaremos a posición 30 segundos. Podedes poñer un pouco de música para concentrarvos con ela e controlar a respiración ó mesmo tempo.

ESTIRAMENTO ESPALDA-DORSAL
Cruzamos os pes.
Agarrámonos das mans que temos por dentro e tamén nos agarramos coas mans pola parte de arriba.
Deixamos caer a cadeira hacia fora un pouco.

 


ESTIRAMENTO ESQUIOTIBIAL E ESPALDA
Sentados e coas pernas abertas, xuntamos as plantas dos pes.
Damos a man o outro e tiramos cara fora para que o outro avance coa espalda.



 Variante do exericio anterior pero agora coas pernas estiradas completamente.



ESTIRAMENTO DORSAL
O que estira coloca os brazos por detrás da cabeza e intenta xuntar os cóbados.
O compañeiro mantenlle a posición.



ESTIRAMENTO ESQUIOTIBIAL
O que estira túmbase boca arriba e levanta as pernas xuntas.
Mentras o seu compañeiro empuxa as pernas hacia a cabeza.




ESTIRAMENTO ESPALDA
Xuntamos os pes e damos a man o meu compañeiro.
A persoa que estira, ten que estirar as pernas, levar os glúteos cara atrás, deixando a espalda máis ou menos a esa altura.
O que aplica a tensión, tamén leva o seu peso hacia atrás.



ESTIRAMENTO PEITORAL E OMBRO
Sentados coas pernas estiradas, un detrás de outro.
O que aplica a tensión dobra unha perna e apoia no chan, a outra perna apoiada na espalda do seu compañeiro.
A persoa que está diante pon os brazos para atrás e o compañeiro agarra as súas mans e tira para atrás e aguanta a posición.

 

ESTIRAMENTO CUÁDRICEPS
A persoa que estira túmbase boca abaixo, coas mans extendidas cara diante. Mantén unha perna extendida e a outra perna leva o talón o glúteo.
A persoa que acompaña aplica tensión coas mans enriba do pe para chegar ben o glúteo.

  


ESTIRAMENTO PECTORAL
A persoa que estira coloca os brazos cara atrás totalmente extendidos, saca peito cara fora.
O compañeiro agarra coas mans os brazos do compañeiro e eleva un pouco os brazos e mantén a postura.

 ESTIRAMENTO ABDUCTORES
Ambos sentados no chan coas pernas extendidas e abertas, planta dos pes xuntas.
Agárranse polos brazos e tiran hacia eles.



Lorena Lago


Ningún comentario:

Publicar un comentario