xoves, 23 de abril de 2020

XOGANDO CA RESPIRACIÓN


Hoxe traio uns exercicios para que os nenos identifiquen os espazos e elementos  da súa imaxe corporal ao controlar a respiración.

O que propoño é que entre cada exercicio específico sobre control de respiración fagades outro xogo diferente, xa que necesitarán descansar un pouco.

Os catro exercicios específicos que traio serían os seguintes:

Soprar a un globo que está no chan para:
 Facelo avanzar

Soprar a un globo para mantelo:
O máis alto posible.
O máis baixo posible.

Soprar o globo para que non caia no chan, poden utilizar os brazos ou pernas se queren:
Por parellas
Aumentando o número de persoas que sopran.

 Manter un globo no aire soprando :
           Cambiando de sentido.
Estando en parella.
Estando sentado.

Eu o que fixen e cada dous exercizos de globo meter estes xogos polo medio.

Conseguir meter os rolos de papel hixiénico dentro da cesta o máis rápido posible. Consegue punto que encha primeiro o cesto e outro punto o que consegue realizar a torre correctamente.

Un contra un: realizar exercicios  dende parados(abir e cerrar pernas, tocar a punta do pe, dar saltos) cando finalicen coller a peza do puzzle, cando teñan tódalas pezas poden facer o seu puzzle. Consegue punto cada vez que chegan de primeiros a deixar a peza.




Lorena Lago


Ningún comentario:

Publicar un comentario