luns, 27 de abril de 2020

UNHA MAN, UN PE, DÚAS MANS OU DOUS PES



Xogo no que traballaremos a coordinación dos cativos e cativas da casa. 
Neste caso teñen que observar o debuxo que marca a serie e poñer a parte do corpo que vexan.

O principio poden facelo despaciño para que vaian collendo práctica, pero a medida que o interioricen teñen que conseguir facelo a saltos.

Se se equivocan teñen que volver ó principio.

Podedes poñer todos os cadrados ó longo que queirades, se tedes un pasillo longo sería ideal.

Se os nenos son algo maiores o que podedes facer é poñer un crono e que teñan que conseguilo facer antes de que soe o pitido de fin.

Nos máis pequenos con que consegan poñer ben a parte do corpo que se pide é suficiente.




Diseño do xogo e distribución, podes poñer as ringleiras de tres debuxos que queirades.




Lorena Lago

Ningún comentario:

Publicar un comentario