martes, 21 de abril de 2020

PROBANDO HABILIDADES


A que persoa non lle gusta afrontar retos?

Buscar ser capaz de facer algo que hai uns días non era capaz ou inlcuso unhas horas?

Que neno ou nena non intenta conseguir algo que seu curmá, compañeiro ou compañeira de clase, pai , nai…etc conseguiu?

Pois a miña proposta de hoxe é que retedes a vosos nenos e nenas con determinados exercicios para ver se son capaces de realizados pero non so a curto prazo. Senón que fagades estes exercicios varios días seguidos para ver se se dan conta que poden facelo.

Algo a ter en conta debe ser a idade dos nenos, cada pai e nai coñece perfectamente os seus fillos polo tanto non pedir cousas imposibles.

Non queremos frustrar os nenos e nenas.

Para empezar o exercizo debemos ter unha folla en branco e un lapis para anotar, así podemos comparalo con cada repetición e incluso con outros días.

1.    Equilibrarse sobre tres puntos de apoio e mover a outra extremidade. Poñer un crono e observar e anotar o tempo que aguanta en esa posición.

2.    Equilibrarse sobre dous puntos de apoio e mover o resto das extremidades libremente. Poñer un crono e observar e anotar o tempo que aguanta en esa posición.

3.    Aguantar en posición de equilibrio sobre unha perna e poñer un crono para q vexan o tempo que conseguiron. Cunha perna e despois a outra.


4.    Lanzar unha pelota o aire e collela sen que se caia. Contar o número de veces que conseguen facelo seguido e anotalo.


5.    Lanzar unha pelota contra a parede e recollela deixando dar so un bote antes de collela. Contar cantas  veces seguidas o consegue.

6.    Lanzar a pelota contra unha parede e recollela sen que toque o chan. Contar o número de veces que o consegue seguidas.


7.    Lanzar unha pelota o aire dar unha palmada antes de collela. Contar cantas veces consigo facelo sen que a pelota toque o chan.


8.    Lanzar unha pelota o aire, dar un xiro sobre si mesmo e coller a pelota sen que toque o chan. Contar o número de veces que consegue facelo sen que a pelota toque o chan.

9.    Botar unha pelota coa man dereita e contar en voz alta, despois ca outra man. Anotar o número de botes seguidos que fan con cada man.


10.  Botar unha pelota con unha soa man e intentar sentarse e levantarse sen perdela.

Adxúntovos unha táboa donde podedes anotar o que os nenos e nenas van conseguindo cada dia.


Lorena Lago





Ningún comentario:

Publicar un comentario