martes, 28 de abril de 2020

XOGOS DE TODA A VIDA



A  continuación deixo unha serie de xogos que todos realizamos multitude de veces, que nos van a servir para facer na casa xa que non requiren moito espazo.

O ESCONDITE: Unha persoa conta ata 30 e o resto das persoas escóndense. Cando remata de contar búscaos e se os mira ten que ir o sitio onde contou e dicilo seu nome.  Librarase de volver contar se polo menos consegue descubrir a un. 

SANGRE OU PES QUIETOS: Unha persoa con balón ten que dicir en alto o nome da persoa que nomina,  o nominado ten que intentar coller o balón e dicir en alto”PES QUIETOS”. Todos deben quedar quietos e este deberá dar 3 pasos e lanzar o balón contra algún para darlle co balón. Se lle da a alguén esa persoa nomina senón lle da a ninguén nomina el.

ESCONDITE INGLÉS: Unha persoa queda de cara a parede e ten que dicir o seguinte:
                     " Un dous tres chocolate inglés
                      Sen movelas mans nin os pes"

Mentras di isto, o resto das persoas  que xogan teñen que moverse e intentar avanzar ata onde está el. Se chegan antes de que acabe a frase di “CHOURIZO”  e escapa ata a saída. Gaña o que apanda se toca a alguén.
               
A MARIOLA: Con unh xiz ou con cinta adhesiva se debuxa un diagrama composto por 10 cadrados e se escribe en cada cadrado un número do 1 ó 10. O neno ou nena debe situarse de pe detrás do primeiro cadrado e lanzar unha pedra (tapón de botella) enriba do diagrama. A casilla na que cae a pedra non se pode pisar. O pequeno comezará o circuíto con un salto a pata coxa (si hai un cadrado) ou a dous pes (se o cadrado é dobre). O obxectivo consiste en ir pasando a pedra de cadrado en cadrado ata o número 10 e volver. Se o neno se cae ou a pedra sae do cadrado, deberá pasar quenda ó seguinte. O xogo finaliza cando chegue o cadrado número 10.




TRES EN RAIA: Sobre o chan se debuxan dúas liñas horizontais e dúas verticais para formar unha cuadrícula con nove espazos (podédelo facer con cinta adhesiva). Se xoga un contra un.Un xogador deberá debuxar cruces e o outro círculos tratando de poñer tres cruces e tres círculos en raia (seguidos en vertical, horizontal ou diagonal) para gañar ao contrincante. Tamén se poden poñer tapóns de diferentes cores pa diferenciar e non pintar.  O que podedes facer é previo a poñer cruz ou cara que teñan que facer un pequeno recorrido ata a parede e volver para darlle un pouco de movemento.




Ningún comentario:

Publicar un comentario