venres, 24 de abril de 2020

BÚSQUEDA DEPORTIVA DO TESOURO


As búsquedas de tesouros sempre son un éxito entre os nenos. O ter que seguir o mapa, a ledicia por atopar a pista de primeiro…son momentos que persoalmente me gustan moito.

Na miña casa neste confinamento a verdade é que é unha actividade a que recurro moito.

Simplemente teñen que seguir os números que marca o mapa para atopar as pistas.

Cando atopan un número teñen que ir sempre a xunto da persoa responsable do xogo para realizar o que manda a nota.

Nunca se poden saltar o orde dos números ….sempre en orde do número 1 o 10.

Na última pista deixei uns puntos suspensivos para que poñades o nome do sitio onde se atopa o tesouro.  Así cada un pon o que considere.

Os exercicios de brazos son con botellas de auga pequenas, pero é opcional. Cada un dependendo da idade dos nenos pódeo facer dun xeito ou de outro.

Evidentemente na pista final pon o nome do sitio onde está o tesouro pero non ten que estar marcado no mapa. Cada persoa decide que tesouro deixa.


 Este sería o mapa que levarían os nenos e nenas para situarse no lugar no que van a xogar. En vermello están os números coas pistas. Cada un ten que deseñar o seu mapa, xa que cada casa é distinta.

Estas son as tarxetas para descargar para esconder pola casa.

Lorena Lago


Ningún comentario:

Publicar un comentario